carolina

rubirosa

Louise Edwards

Photographer

Simple Instagram Icon
Simple Facebook Icon
Simple Twitter Icon
itunes icon
Simple Youtube Icon

BioGRAFÍA

Carolina Rubirosa é unha cantante, compositora e produtora natural de O Grove, afincada en A Coruña. En constante búsqueda e aprendizaxe, é unha creadora que explora sen complexos diferentes estilos e sonoridades, co eclecticismo como bandeira. Así, no seu universo sonoro conflúen a bossa-nova coa música electrónica, pasando polo folk máis intimista ou o rock con tintes setenteiros, cantado en diferentes idiomas, se ben o galego está presente na meirande parte da súa obra. Ademáis de composicións propias, Rubirosa ten musicado poemas de autores contemporáneos como Indran Amirthanayagam, Salgado Maranhão ou Yolanda Castaño, musicando tamén, no seu último traballo, cantigas escollidas da lírica medieval galego-portuguesa.

Coa versatilidade como rasgo máis característico, é no directo onde amosa toda a súa potencialidade, desenvolvéndose en diferentes formatos como banda completa, trío ou dúo acústico e recitais en solitario a guitarra e voz. Con todos eles abrangue un amplo espectro de público, co que conecta nos directos, sendo a capacidade para transmitir emocións, o selo de identidade da artista.


Ao longo da súa carreira compartiu cartel, escenario e/ou traballos discográficos con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos, Andrés Calamaro, Loquillo, Javier Gurruchaga ou Jorge Drexler. Grabou coa Real Filharmonía de Galicia e obtivo varios premios e recoñecementos, como o "Premio Meca 2022", o Premio "I Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia" ou o "IV Premio Luísa Villalta". Resultou gañadora nos certames "Revolution Unplugged" de Europa FM e "Sonidos Mans", e obtivo o segundo posto no "International Liet Festival" de Dinamarca, entre outros. Dous dos seus videoclips resultaron premiados no International Tourism Film Festival de Aveiro (Portugal) e no Festival de Cine de Cans. Así mesmo, prestou a súa voz para bandas sonoras de curta e longametraxes, e as súas composicións soaron en varios programas da televisión nacional, como "Tu casa es la mía" o "Viajeros Cuatro", sendo habitual escoitar a súa música na TVG.

Como solista, publicou tres discos autoeditados Voltando ó fogar (2020), Alén do mar (2022) e Soldadeiras (2022). Ten máis de dez sinxelos publicados, algúns dos cales formarán parte do disco "Tierra de Nadie", producido por Juan de Dios Martín (Amaral, Barón Rojo, Deluxe), nominado aos Premios Grammy da música. Este traballo, que se publicará íntegro no 2024, conta con invitados de luxo como Lou Marini, histórico saxofonista de Aretha Franklin ou Frank Zappa ou a erhuísta Na Wang dende Pekín.


Rubirosa participou en festivais internacionais celebrados en Moscú, Helsinki, Támpere, Stuttgart, Londres ou Liverpool así como en Portugal e España (Almería, Valladolid, León, Madrid, Asturias, Sevilla, Granada…) Participou tamén nos principais eventos musicais de Galicia como O Son do Camiño, Festival da Luz, Noroeste Pop Rock, Concertos na Fin do Mundo, Xacobeas en Concerto, Purple Weekend, TerraCeo, o Festival de Cine de Cans, Festas de María Pita, Solpor Monteferro, Espírito Ribeiro, Ourense ICC Week, TedEX Santiago, Vive Nigrán, ou o mítico Festival do Landro de Viveiro, entre outros.

É autora de "O teu camiñar", Canción Oficial de Promoción do Camiño de Santiago Inglés, cuio videoclip está protagonizado por Julia Baird, irmá do Beatle John Lennon, que foi estreado no World Travel Market de Londres. Con esta canción obterá a mellor puntuación obtida ata hoxe por Galicia no Festival Liet Internacional 2022, coñecido coma o "Eurovisión das linguas rexionais", no que anteriomente participaron artistas como Narf ou Uxía.


TRAXECTORIA, PREMIOS E RECOÑECEMENTOS:


- En 2010 graba a canción “Isolation“ con Julia Baird (irmá de John Lennon) na súa primeira e única incursión musical. Producida por Paco Serén (Los Piratas) foi incluída nun triple CD benéfico, con artistas como Yoko Ono, Miguel Ríos, Medina Azahara, Andrés Calamaro, Coque Malla, Manolo Tena ou Milladoiro, entre outros.


- No 2013 foi gañadora do certame "Coque Malla busca mujeres", cantando a dúo co artista en directo, dentro da xira “Mujeres“ ó seu paso por Galicia.


- No 2016 convírtese na primeira cantante que interpreta temas en galego en The Cavern durante o International Beatleweek Festival de Liverpool. É elixida xunto ao seu grupo The Funkles, "Mellor banda revelación" dese ano.


- No 2017 graba xunto á Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel, o “Himno de máxico amor a Compostela“ producida por Nani García. A grabación fíxose a beneficio de Médicos Sen Fronteiras.


- En 2018 pon música ao espectáculo “Noites de Estrelas“ onde participaron grandes humoristas do país como Manuel Manquiña, Sergio Pazos, Isi, Pepo Suevos, Eva Iglesias, Pepe Capelán, Patricia Vázquez... xirando polos principais teatros e auditorios de Galicia.


- No 2019 gaña os concursos "Revolution Unplugged" Europa FM e "Sonidos Mans". Finalista no certame "Batalla de bandas Mans-Vibra Mahou" e obtén o segundo posto como compositora en "A canción do Nadal" de TVG, coa panxoliña "Máxico Nadal".


- En decembro do 19 presenta en primicia "O teu camiñar" no World Travel Market de Londres.


- No 2020 é seleccionada para representar a Galicia no Festival Liet International de Dinamarca coa súa composición "Sozinha", aínda que a edición se suspende por Covid.


Ano 2021:

- Premio "Mellor videoclip de turismo de carácter relixioso" no Art&Tur International Film Festival de Aveiro, Portugal, por "O teu camiñar".


- Semi-finalista no certame International Songwriting Competition coa canción "Tierra de Nadie".


- É nomeada Madriña da Promoción de alumnos de Mediciña 2015-2021.


- Comparte esceario con Loquillo no Festival "O son das perseidas".


- Gañadora da Axuda a Creación Artística Individual do Concello de A Coruña co proxecto audiovisual “Hollywood, no que se utilizou a técnica rotoscópica.


Ano 2022:

- “Premio Meca 2022" otorgado polo Concello do Grove ás mulleres destacadas no seu eido profesional.


- Premio "I Fondo de proxectos Culturais do Reino de Galicia 2022" da Deputación de A Coruña co proxecto "Soldadeiras".


- Gañadora da Axuda a Creación Artística Individual do Concello de A Coruña co proxecto "Here and now", un videoclip que utiliza a técnica de dobre exposición.


- 2º posto no Festival Liet Internacional de Dinamarca con "O teu camiñar", quedando a só un punto da gañadora, no que supón a mellor posición obtida por Galicia na historia do certame, coñecido como o "Eurovisión das linguas rexionais".


- En xullo é nomeada pregoeira das Festas do Carme de O Grove.


Ano 2023:

- Premio "IV Premio Luisa Villalta", compartido coa socióloga Genma Pardo, co proxecto divulgativo "En clave de muller".


- Premio do Público a Mellor Videoclip no XX Festival de Cine de Cans con "Contra la Pared".


- Gañadora da Beca SGAE "Laboratorios de Ceación Artística", traballando con David Coba (León Venavente).


- Gañadora da Axuda a Creación Artística Individual do Concello de A Coruña co proxecto "Contra la pared".


- O 24 de xullo interoreta, cun novo arranxo musical, o Himno Galego na Gala de Entrega de Medallas de Ouro de Galicia. Os premiados foron Luz Casal, Juan Pardo e Carlos Núñez.


ANO 2024:

- O videoclip "Contra la pared" é seleccionado como candidato aos XXII Premios Mestre Mateo do Audiovisual.


SERVIZOS

CONCERTOS

Show en directo en diferentes

formatos: banda completa, dúo ou trío acústico e solitario.

EVENTOS

Musicalización de todo tipo de eventos e celebracións de carácter público ou privado.

COMPOSICIÓN

Creación de música orixinal para cine ou tv, cancións per- sonalizadas, himnos para

clubes...

PROXECTOS

CAROLINA RUBIROSA MUSIC

Música de autora. Composicións propias e versións moi persoais. Varios formatos para directo

ISTO É ROCK!

Show divulgativo-musical infantil baseado no libro “Isto é rock! de Javier Becerra, onde se repasa a historia da música rock dende o seu nacemento.

EN CLAVE DE MULLER

IV Premio Luísa Villalta pola

igualdade. Charlas divulgativas teatralizadas e musicalizadas, centradas nas principais figuras femininas da música.

THE FUNKLES

Orixinal formación feminina que versiona a música dos Beatles en clave de ritmos funk, jazz ou soul.

discografía

ÁLBUMES

Voltando ó fogar (2020)

Alén do mar (2022)

Soldadeiras (2022)

SINXELOS

Play Button Icon
Play Button Icon
Play Button Icon
Play Button Icon
Play Button Icon
Play Button Icon

vÍdeos

fotos

contacto

email icon
Telephone Handset in a Circle

+34 649815435

Escríbeme:

Sígueme:

Simple Instagram Icon
Simple Facebook Icon
Simple Twitter Icon
itunes icon
Simple Youtube Icon
In Logo Blue Vector